Recentemente o grupo de andainas Libro Vivo decidiu saír da súa zona de confort e realizar un roteiro polo Courel que a pesar de ser inverno ofrécenos marabillosas paisaxes soamente comparables con elas mesmas noutras épocas do ano.

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira
Estamos na mellor época para gozar das fervenzas, fontes e ríos que veñen cheos deste prezado líquido tan escaso noutros lares, que non respecta nin os camiños e mesmo foi necesario mollarse para poder continuar co percorrido nalgúns puntos do mesmo.
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
O roteiro escollido é o “Roteiro do río Pequeno PR-G 219” de dificultade moderada pero fermosa e con algunhas variantes para poder alongala e gozar dun completo día difícil de esquecer en compañía da maior biodiversidade da nosa terra.
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
![]() |
| Foto: Alfredo rodríguez Pereira |
![]() |
| Foto: Alfredo rodriguez Pereira |
O roteiro ten o seu inicio e fin na aldea de Paderne do Courel situada nunha contorna incomparable, tanto de día coma de noite.
![]() |
| Foto: Alfredo Rodriguez Pereira |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
Berze de grandes músicos como podemos apreciar na praza da aldéa.
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
E calquer camiño cortado palas rodas dos carros daqueles arrieiros que xa naide lembra
![]() |
| Foto: Alfredo Rodriguez Pereira |
que viron coma pouco a pouco se pechaban para non voltar a abrirse
pode ser a entrada
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
da terras das meigas.
Montes, ríos, fervenzas, vales, castros, covas, aldeas, este roteiro ten de todo sen contar con onde te leve a túa imaxinación xa que todo é posible na Galicia máxica onde os muiños hai moito tempo que deixaron de moer
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
as pontes xa non se deixan percorrer
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez Pereira |
os campos de batalla son só unha lembranza do pasado
e Camelot pode aparecer onde menos o penses.
![]() |
| Foto: Alfredo rodríguez Pereira |
Isto, e moito máis, é o noso Courel¡¡¡¡
Por Alfredo Rodríguez Pereira
















