domingo, 25 de octubre de 2020

Quiénes somos - Asociación Libro Vivo de San Claudio

 


ASOCIACIÓN LIBRO VIVO DE SAN CLAUDIO

    Nace Libro Vivo para conservar, manter e dar a coñecer os fondos cos que conta a Asociación, relacionados coas escolas que se crearon nas parroquias da comarca do Ortegal, sobre todo os correspondentes  os Centros de Ensinanza fundados e sostidos pola iniciativa privada dos emigrantes de Ortigueira na Illa de Cuba no primeiro cuarto do  éculo XX.

    Hai que destacar que o edificio foi construído entre os anos 1921 e 1926. A edificación que alberga os fondos museísticos constitúen unha mostra  da arquitectura escolar vernácula, deseñada polo delineante local don Ángel Martínez Lage.

   Consta de tres plantas, que hoxendía se destinan a programación das diferentes actividades que se levan a cabo ao longo do ano: salón de actos, biblioteca no primeiro andar e museo no segundo andar, ademais dun sótano que alberga o almacén. Fanse toda clase de actividades: Préstamo de libros, club de lectura, cursos de  anualidades, charlas, exposicións, baile artístico, talleres de memoria, palilleiras, festas de confraternidade e todo tipo de actos socio culturais.


Museo Escolar Comarcal del Ortegal (MECOR)

    Cabe mencionar os fondos seguintes: pupitres e material escolar diverso, pizarras, plumiers, libretas de rotación, fichas ilustrativas, material bibliográfico, prensa e revistas da época, documentos relacionados coa emigración, fotografías de antigos alumnos, documentos de xestión escolar, hornillos, máquinas de escribir e de coser, etc.

    O responsable do Museo é Vicente Peña Saavedra e a titularidade do mesmo recae nos asociados e Presidente (Carlos Breixo) e Xunta Directiva da Asociación Libro Vivo, unha sociedade fundada no ano 1980 para preservar os fondos custodiados e continuar coa labor iniciada pola Sociedade Pro- Instrucción Auxilio Mutuo e Recreo San Claudio, fundada na Habana o 25 de decembro de 1912 e que sigue vixente na actualidade.

    No ano 1999 xurde por iniciativa da dirección da Asociación e varios socios comprometidos a iniciativa de crear o museo, pero será nos anos 2003 e 2004 cando se inician os trámites necesarios para restaurar o edificio que presentaba mal estado, facéndose realidade completa restauración a finais do 2009.

    Entre tanto recóllense fondos, ordénanse e arquívanse, poñendo en alza o seu valor patrimonial e dándoos a coñecer ao vecindario e visitantes.


BIBLIOTECA

    No primeiro andar está instalada a interesante Biblioteca, que na actualidade está pendente da catalogación de máis de dous milleiros de libros, nas seccións de novela en galego e castelán,  iteratura local, revistas, enciclopedias, relixión, boletíns, dereito, libros escolares de texto, etc. Que se ofertan en préstamo, ou se poden consultar no lugar.

    O club de lectura mantén a súa activade dende o ano 2021, os segundos sábados de cada mes, en horario de cinco a sete da tarde, e pode asistir quen o desexe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas