![]() |
| f.: Iván Rodríguez |
Os días dez e once de xullo do 2021, tivo lugar a homenaxe aos fundadores do Escolar, o sábado presentouse un audiovisual e Carlos Breixo deu unha conferencia en referencia aos cen anos da historia do edificio.
O domingo, ás doce da mañá, celebrouse un acto na honra dos fundadores da Sociedade San Claudio, que deu lugar ao comezo dos anos trinta do século pasado a: “San Claudio Sociedad Pro Instrucción y Recreo Mutuo”. O evento consistiu na colocación dun ramo de flores e plantación dunha árbore ao pé do monolito.
Debido á pandemia da Covid 19, tomáronse todas as precaucións debidas, para un correcto transcorrer da actividade, con separación de cadeiras, xel hidroalcohólico e mascarillas.
