sábado, 10 de julio de 2021

Centenario da colocación da primeira pedra do Escolar de San Claudio (ano 2021)

f.: Iván Rodríguez


Iván (i), daquela presidente da Asociación Libro Vivo, e Carlos Breixo (d), cronista do Concello e hoxendía presidente da Asociación, plantando un magnolio na honra dos veciños que tanto fixeron pola parroquia.

    Os días dez e once de xullo do 2021, tivo lugar a homenaxe aos fundadores do Escolar, o sábado presentouse un audiovisual e Carlos Breixo deu unha conferencia en referencia aos cen anos da historia do edificio.

    O domingo, ás doce da mañá, celebrouse un acto na honra dos fundadores da Sociedade San Claudio, que deu lugar ao comezo dos anos trinta do século pasado a: “San Claudio Sociedad Pro Instrucción y Recreo Mutuo”. O evento consistiu na colocación dun ramo de flores e plantación dunha árbore ao pé do monolito.

    Debido á pandemia da Covid 19, tomáronse todas as precaucións debidas, para un correcto transcorrer da actividade, con separación de cadeiras, xel hidroalcohólico e mascarillas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas