viernes, 17 de diciembre de 2021

Exposición "Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia" (Decembro 2021)

 

f.: Toni Rego

O día da inauguración, á que asistiron tamén a presidenta do Consello da Cultura Galega, dona Rosario Álvarez Blanco, e o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.


    O 17 de Decembro do ano pasado (2021), no Salón de Actos do antigo Escolar de San Claudio, tivo lugar a inauguración da exposición "Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia", a cargo do Comisario da mesma, o noso veciño Vicente Peña Saavedra, e do cronista Carlos Breixo Rodríguez.

    Na exposición tamén se puideron ver pezas e documentos do Museo MECOR que está na última planta do edificio.

    Estivo aberta para a súa visita dende o 17 de Decembro ata o 15 de Xaneiro durante os fins de semana.



    Por limitación de aforo, debido á pandemia, asistiuse ao acto previa invitación, tomando todas as medidas de seguridade que o protocolo esixía daquela.

    Colaboraron as seguintes Institucións: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega, Asociación Cultural “Libro Vivo”, Xunta de Galicia e “San Claudio, Sociedad de Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas