![]() |
| Cartaz das Letras Galegas 2022 |
A Asociación Cultural Libro Vivo, en colaboración co Club de Lectura, festexou as Letras Galegas 2022 cunha serie de actos que encheron o salón de actos do Escolar. As actividades deron comezo o día 14 de maio, coa inauguración da exposición de fotografía de Victoria Díaz, dedicada a auga. A continuación Carlos Breixo falou detalladamente da vida e obra de Armada Teixeiro, para o que reivindicou un próximo día das Letras Galegas e a importancia que tería para a cultura de Ortigueira tal distinción.
O día 14, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano, achegounos didacticamente á súa vida e obra o profesor do IES, Sindo Martínez, recitando poesías de corte social e florilexios, que foron moi aplaudidos polos presentes.
Os concertos musicais tiveron unha estupenda acollida, o cantautor Diego de Braelle, engaiolou ao público coa presentación do seu primeiro disco Ortegal, que corearon os presentes. Os Carecos, fixeron as delicias dos veciños, interpretando un amplo repertorio ao son da súa percusión.
Eses días puidéronse visitar as instalacións do Escolar, biblioteca e museo, regaláronse libros e disfrutouse dun clima cordial e de amizade, tomando uns pinchos e falando dun un acto de recoñecemento á Sociedade de Instrución San Claudio con motivo do centenario do inicio das obras de construción do edificio, acto no que se descubrirá unha placa conmemorativa o vindeiro 18 de Xuño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario