miércoles, 20 de noviembre de 2024

FOLIADA OUTONO 2024

 LUUUUUME!!! así é como comeza a foliada do outono que este ano foi un éxito rotundo, cheo absoluto ata a bandeira, que músicos!!!, que bailadores!!!, que bebedores!!!...😂😂


Cartaz: Ivan Rodríguez

Tras dar remate ó Magosto, onde xa fumos quentando motores, damos o pistoletazo de saída á unha folida que non ía deixar a ninguén indiferente, so hai que ver o cartaz.

Para abrir a noite inauguran esta foliada os nosos amigos "@s Net@s do Escribano" que cos seus xa sabidos ritmos poñen a bailar a todos, grandes e pequenos, mulleres e homes, ...   


Foto: Vanessa Orjales



Foto: Alfredo Rodríguez

Seguidamente subirán ó escenario "Quinteto de Troula do Ortegal" que continurán poñendo ritmo e facendo que a xente non pare nin un anaco, so para tomar algún refrixerio ou acudir á zona de fumadores fora do escolar papando frío.


Foto: Vanessa Orjales


Foto: Alfredo Rodríguez

En terceiro lugar actuaron "Pandereteir@s de San Xiao do Trebo" que como os anteriores, non permitiron que decaera a festa.


Foto: Vanessa Orjales


Foto: Alfredo Rodríguez

E para rematar quen podería se non cerrar un evento deste calibre, pois os da casa, os do pelaso, "Os Carecos".

 

Foto: Vanessa Orjales

Foto: Alfredo Rodríguez


Dixen "Cerrar o evento?" estaba a brincar, como indicaba o cartaz, a festa prolongouse ata ben entrada a madrugada ca pertinente foliada libre, a xente non tiña presa para ir durmir e VEÑA FESTA¡¡.


Foto: Vanessa Orjales

Foto: Vanessa Orjales

Foto: Vanessa Orjales

E por fin, non queirades saber a hora xa que non me lembro, dimos por rematada a foliada.

Non houbo lesionados, que eu saiba, non houbo que levar a ninguén á casa, a xente bailou, cantou, bricou, bebeu, comeu, que máis se pode pedir??

Pois si que se pode pedir algo máis, que non demore a próxima foliada!!!


Por Alfredo Rodríguez

 




MAGOSTO E IV CONCURSO DE DOCES

 O sábado pasado 16 de novembro tivo lugar no escolar de San Claudio o magosto e o noso querido concurso de doces que vai pola súa cuarta edición.

Cartaz: Ivan Rodríguez

 Pouco a pouco, a iso das 5 da tarde, foron chegando os participantes que de forma anónima e seguindo as instrucións dos organizadores foron presentando os seus doces no lugar indicado para tal finalidade.

Que doces, un espectáculo para a vista, un manxar para o padal, cada cal mellor e máis fermoso e para que todos os que non asististes aí van os doces participantes:

Trufas de chocolate branco e coco

Foto: Alfredo Rodríguez

Libro Vivo 

Foto: Alfredo Rodríguez

Palmeiras de Chocolate

Foto: Alfredo Rodríguez

Biscoito da sorte

Foto: Alfredo Rodríguez


Canas de dúas cremas

Foto: Alfredo Rodríguez


Hojaldres de chocolate

Foto: Alfredo Rodríguez


Tarta de queixo (estilo donosti)

Foto: Alfredo Rodríguez


Capricho de café con gotiñas de chocolate

Foto: Alfredo Rodríguez


Tartiña de laranxa

Foto: Alfredo Rodríguez

 

Rosquiñas de Tristimil

Foto: Alfredo Rodríguez


Despois de darlle un gustiño ós 5 sentidos comezou o reconto dos votos que resultou máis rifado que nunca:

  • Primeiro posto para Regina que levou ás "Trufas de chocolate branco e coco" ó olimpo dos doces.
  • Segundo posto para Óscar que coa súa "Tarta de queixo estilo Donosti" non baixa do podio con respecto a anteriores edicións.
  • Terceiro posto para Carla, a bexamina do concurso, e para os seus "Hojaldres de chocolate".
  • O resto dos participantes son:
    • Cañí con "Libro Vivo" en homenaxe á nosa asociación.
    • Mari Carmen con "Biscoito da sorte".
    • Kika con "Canas de dúas cremas".
    • Regina/Dolores da Rocha con "Capricho de café con gotiñas de chocolate".
    • Carmen do Xestal con "Palmeiras de chocolate".
    • Verónica con "Tartiña de laranxa".
    • E Carmen Orjales con "Rosquiñas de Tristimil".   


Foto: Alfredo Rodríguez

Unha vez rematado o concurso de doces deu comezo o magosto e a degustación de castañas con chocolate, chourizos ao viño e liscos regado coa súa bebida pertinente xa que había que meterlle ó corpo algo salgado para baixar tanto doce.


E cando parecía que ía rematando o evento comezaba a chegar máis e máis xente xa que que non ía ser todo comer e en pouco tempo escomenzaría unha foliada que ía facer tremer toda a parroquia, pero iso formará parte dunha próxima entrada do blog...


Por Alfredo Rodríguez.




CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas