O sábado pasado 16 de novembro tivo lugar no escolar de San Claudio o magosto e o noso querido concurso de doces que vai pola súa cuarta edición.
![]() |
Cartaz: Ivan Rodríguez |
Pouco a pouco, a iso das 5 da tarde, foron chegando os participantes que de forma anónima e seguindo as instrucións dos organizadores foron presentando os seus doces no lugar indicado para tal finalidade.
Que doces, un espectáculo para a vista, un manxar para o padal, cada cal mellor e máis fermoso e para que todos os que non asististes aí van os doces participantes:
Trufas de chocolate branco e coco
![]() |
Foto: Alfredo Rodríguez |
Libro Vivo
![]() |
Foto: Alfredo Rodríguez |
Palmeiras de Chocolate
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Biscoito da sorte
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Capricho de café con gotiñas de chocolate
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Tartiña de laranxa
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Rosquiñas de Tristimil
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Despois de darlle un gustiño ós 5 sentidos comezou o reconto dos votos que resultou máis rifado que nunca:
- Primeiro posto para Regina que levou ás "Trufas de chocolate branco e coco" ó olimpo dos doces.
- Segundo posto para Óscar que coa súa "Tarta de queixo estilo Donosti" non baixa do podio con respecto a anteriores edicións.
- Terceiro posto para Carla, a bexamina do concurso, e para os seus "Hojaldres de chocolate".
- O resto dos participantes son:
- Cañí con "Libro Vivo" en homenaxe á nosa asociación.
- Mari Carmen con "Biscoito da sorte".
- Kika con "Canas de dúas cremas".
- Regina/Dolores da Rocha con "Capricho de café con gotiñas de chocolate".
- Carmen do Xestal con "Palmeiras de chocolate".
- Verónica con "Tartiña de laranxa".
- E Carmen Orjales con "Rosquiñas de Tristimil".
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Unha vez rematado o concurso de doces deu comezo o magosto e a degustación de castañas con chocolate, chourizos ao viño e liscos regado coa súa bebida pertinente xa que había que meterlle ó corpo algo salgado para baixar tanto doce.
E cando parecía que ía rematando o evento comezaba a chegar máis e máis xente xa que que non ía ser todo comer e en pouco tempo escomenzaría unha foliada que ía facer tremer toda a parroquia, pero iso formará parte dunha próxima entrada do blog...












No hay comentarios:
Publicar un comentario