LUUUUUME!!! así é como comeza a foliada do outono que este ano foi un éxito rotundo, cheo absoluto ata a bandeira, que músicos!!!, que bailadores!!!, que bebedores!!!...😂😂
![]() |
| Cartaz: Ivan Rodríguez |
Tras dar remate ó Magosto, onde xa fumos quentando motores, damos o pistoletazo de saída á unha folida que non ía deixar a ninguén indiferente, so hai que ver o cartaz.
Para abrir a noite inauguran esta foliada os nosos amigos "@s Net@s do Escribano" que cos seus xa sabidos ritmos poñen a bailar a todos, grandes e pequenos, mulleres e homes, ...
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Seguidamente subirán ó escenario "Quinteto de Troula do Ortegal" que continurán poñendo ritmo e facendo que a xente non pare nin un anaco, so para tomar algún refrixerio ou acudir á zona de fumadores fora do escolar papando frío.
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
En terceiro lugar actuaron "Pandereteir@s de San Xiao do Trebo" que como os anteriores, non permitiron que decaera a festa.
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
E para rematar quen podería se non cerrar un evento deste calibre, pois os da casa, os do pelaso, "Os Carecos".
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Alfredo Rodríguez |
Dixen "Cerrar o evento?" estaba a brincar, como indicaba o cartaz, a festa prolongouse ata ben entrada a madrugada ca pertinente foliada libre, a xente non tiña presa para ir durmir e VEÑA FESTA¡¡.
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
| Foto: Vanessa Orjales |
E por fin, non queirades saber a hora xa que non me lembro, dimos por rematada a foliada.
Non houbo lesionados, que eu saiba, non houbo que levar a ninguén á casa, a xente bailou, cantou, bricou, bebeu, comeu, que máis se pode pedir??
Pois si que se pode pedir algo máis, que non demore a próxima foliada!!!
Por Alfredo Rodríguez












No hay comentarios:
Publicar un comentario