viernes, 13 de diciembre de 2024

ACENDIDO ILUMINACIÓN NADAL 2024

 O pasado día 7 de decembro tivo lugar no escolar de San Claudio, sede da nosa asociación, a inaguración das actividades de Nadal do ano 2024 co acendido da iluminación de Nadal e o concerto levado a cabo por a "Rondalla de Cedeira".


Cartaz: Alfredo Rodríguez


Pode parecer algo moi materialista e incluso consumista pero é incrible a calor que dan e o que animan nestas datas uns poucos adornos do Nadal.

Como cada ano imos medrando coa cantidade de adornos e a súa luminosidade, espero que non moleste á veciñanza 😂😂, non somos Vigo pero todo se andará. Tamén como cada ano e dada a envergadura do evento, recurrimos á nosa mestra de ceremonias, Vanessa Orjales.

Vídeo de Vanessa Orjales

É evidentemente a estrela é a nosa árbore de patchwork a cal descubrimos recentemente que é un serio competidor para outras que publicitan na TVG, que se vai facer, para todo hai que ter padriño.

Foto: Vanessa Orjales


Foto: Alfredo Rodríguez


Video: Alfredo Rodríguez

Vídeo: Alfredo Rodríguez


Unha vez rematado o acendido das luces de Nadal puidemos disfrutar do concerto de Nadal a cargo dos nosos amigos da "Rondalla de Cedeira".

A rondalla fundouse no ano 2016 facendo a presentación oficial no ano 2017 no "Auditorio Municipal de Cedeira", o seu director é o noso ben coñecido Pepín da Xilde e agora mesmo ten un número aproximado de 37 compoñentes.

O ano 2017 foi un ano de grandes éxitos actuando por primeira vez na TVG no programa "AQUÍ GALICIA" e saindo da comunidade Galega coa súa gran actuación no "X ENCONTRO DE HABANEIRAS E CANCIÓN MARIÑEIRA-ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN CORAL DE PORCEYO-XIXÓN".

No ano 2020 puidemos velos no programa "LUAR" antes de ter que facer un parón obrigados polo Covid retomando a actividade cando rematua a pandemia no ano 2022 entre estas datas grandes actuación coma "XUNTANZA DE RONDALLAS EN TAPIA DE CASARIEGO-ASTURIAS" ou "PARTICIPACIÓN NAS PEPITAS- FERROL"  acreditan a súa gran calidade musical e vocal.

Nos puidemos disfrutar dun fermoso concerto co seguinte repertorio:

    - DEUDA - Bolero de Machín.

    - SEBASTOPOL - Pasodoble.

    - YO QUIRO SE MARINERO - Habanera.

    - ROGACIANO EL HUAPANGUERO - Ritmo Mexicano.

    - LA GAVIOTA- Habanera.

    - DOS ALMAS - Bolero.

    - VILLANCICO NAVIDAD - Panxoliña.

    - VAMOS A BELEM AMIGOS - Panxoliña.

    - CHEGARON A PÉ AMIGOS - Panxoliña.

    - ISLA DORADA - Habanera.

    - LA FERIA DE LAS FLORES - Vals.

    - MUJER - Habanera.

    - VIENTO DEL NORTE - Popular.

    - RUMBOIA - Popular.


Foto: Ivan Rodríguez



E para rematar, sendo xa algo habitual nos eventos da nosa asociación, non podía faltar a parte gastronómica e xuntámonos todos de arredor dun chocolate quente con roscón, xuntanza na que non faltaron todo tipo de comentarios do concerto disfrutado e do nosa iluminación de Nadal.

O ano que ven máis e mellor.

Por Alfredo Rodríguez


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas