jueves, 18 de diciembre de 2025

CARTA CARECOS

 

O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira).

Foto: María Jesús Rodriguez Ramallo

Foto: María Jesús Rodriguez Ramallo

Non imos negar o cansancio vivido pola distancia e o mal tempo, pero tíñamos moi claro, dende o pasado 4 de outubro que estivemos no “XIII Serán Careco Solidario” a favor da nosa asociación ADICAM (asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico) que queríamos voltar alí, para corresponder de alguna maneira, levándolle a esa xente, a nosa charla “APALPATE”.

Esta é unha charla de prevención, coa que ADICAM leva 8 anos percorrendo toda Galicia, e da que queríamos que esa xente tan marvillosa se beneficiara. Porque ese día vivimos, como un pobo enteiro se volcou coa asociación, cunha solidaridade e empatía nunca vivida por nos, nestes anos como voluntarias.

Os obxetivos principais de estas charlas son, concienciar á poboación sobre, a importancia da detección precoz do cancro de mama, e dar a coñecer a asociación para así poder axudar a quen o precise.

Pois ben, este día, con cheo nas duas charlas, (a pesar da tarde desapacible), voltamos a sentir de novo esa boa enerxía, por parte das persoas que participaron moi intresad@s da nosa charla, conseguindo que voltásemos a sentir ese cariño da nosa primeira visita.

Foto: María Jesús Rodriguez Ramallo

Agardamos ter alcanzado os nosos obxetivos. Sobre todo, conseguir que  @s asistentes lle quedasen claras as sináis de alerta, para esa detección precoz.

Felicitar Os Carecos por esa maravillosa inicitiva, e voltar a darlles as grazas por ter pensado en ADICAM.

Agradecer tamén, a todas as persóas que colaboraron con eles para conseguir eses 8.182,75€ que irán destinados a mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas.   

Vivir estos momentos foi un regalo que nos acompañará sempre.

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS……

 

María Jesús Rodriguez Ramallo   (Chús)

martes, 25 de noviembre de 2025

MAGOSTO, V CONCURSO DE DOCES E FOLIADA DE OUTONO

 O pasado sábado 8 de novembro tivo lugar no escolar de San Claudio o magosto e a quinta edición do concurso de doces.


Cartaz: Ivan Rodríguez

 A partir das 4 da tarde os participantes do concurso foron chegando dunha forma cuasi-anónima coas súas larpeiradas seguindo as instrucións das organizadoras. Aquí van as 10 larpeiradas participantes:

Fuji Tropical

Foto: Vanessa Orjales

Nube de Améndoa 

Foto: Vanessa Orjales

Oysters

Foto: Vanessa Orjales

Petiscos de Améndoa

Foto: Vanessa Orjales

Cremosiña de Queixo

Foto: Vanessa Orjales


Bico da Fraga

Foto: Vanessa Orjales


Pionono Doce

Foto: Vanessa Orjales

Red Fruits

Foto: Vanessa Orjales

Rulichocos

Foto: Vanessa Orjales

Tarta de Queixo 
 

Foto: Vanessa Orjales


 A partir das 5 da tarde e despois de probalos todos na súa xusta medida para non darlle moito que facer á insulina, comezou o reconto de votos que coma sempre estivo bastante rifado:

    1º Posto para Carmen do Xestal que levou ás Oysters ao podio directo grazas á laboriosa elaboración e ó tempo empregado, a parte que eran un auténtico manxar para o padal.

    2º Posto para Cañí que cos seus Petiscos de Améndoa volve ó podio de novo, que barbaridade, lévao no sangue!

    3º Posto para Mª Carmen co seu Fuji Tropical, conseguiu un merecido posto no podio pola súa frescura e sabor.

O resto de participantes foron:

        Kika con Cremosiña de queixo

        María de Munsuri con Red Fruits

        Inés con Nube de Améndoa

        Carla cos Rulichocos

        Óscar con Pionono doce

        Samuel con Bico da Fraga

        Verónica con Tarta de queixo

Foto: Vanessa Orjales



A partir das 7 da tarde, unha vez rematado o Concurso de Doces deu comezo o Magosto e degustación de castañas con chocolate, chourizos ó viño e liscos; e todo isto ben regadiño co viño porque facía falta algo salgado para compensar tanto doce.

Parecía que a cousa ía rematando, pero nada más lonxe da realidade, cada vez ía chegando máis e máis xente ó escolar; non ía ser todo comer e beber; tiñamos que bailar algo para baixar semellante manxar; así a partir das 9 e media da noite comezou a gran foliada de outono da nosa asociación.


Cartaz: Iván Rodríguez

Para inaugurar esta foliada comezou o grupo “Nordeste Callado” que non deixou indeferente a ninguén e puxo a todo o público en pé a bailar. 

Foto: Vanessa Orjales

De seguido subeu ó escenario o grupo “O Son do Sor” que non deixaron descansar a ninguén e continuaron poñendo música da boa para seguir bailando. 

Foto: Vanessa Orjales

En terceiro lugar actuaron “Troula do Ortegal” que ó igual que os anteriores non deixaron que decaera o ritmo; moreas de xente buscaban sitio para entrar no baile. 

Foto: Vanessa Orjales

Esta foliada de outono foi un éxito rotundo; cheo absoluto ata a bandeira, pasamos do centenar de persoas, chegaban os coches ó Cristo por un lado e ó Correo polo outro; xente de tódolos lugares do Ortegal déronse encontro no escolar de San Claudio para celebrar unha vez máis a música e o baile da nosa terra; que maneira de tocar, que maneira de bailar, que maneira de cantar, que maneira de beber...vaia tesouro que temos pola nosa terriña.

 A xente non tiña présa en irse para a casa así que continuamos coa foliada libre ata ben entrada a madrugada, descoñezo a hora en que pechamos; total comida e bebida había de sobra, así que, qué presa había? Ningunha. Foi unha tarde-noite marabillosa, xuntámonos, falamos, comemos, bebemos, voltamos a beber bailamos, escoitamos contos e divertímonos. 

Foto: Vanessa Orjales


Foto: Vanessa Orjales


Foto: Vanessa Orjales


 

Por Vanessa Orjales













lunes, 10 de noviembre de 2025

VIII SERÁN CARECO SOLIDARIO

 

O pasado 4 de outubro do presente ano, celebrouse o 8º Serán Careco Solidario no campo da feira da nosa parroquia de San Claudio, organizado polos nosos amigos Os Carecos e por esta Asociación Centro Cultural Libro Vivo, a favor de ADICAM (Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico) e coa colaboración do Concello de Ortigueira e moita, moitísima xente máis.

 Este foi o cartaz deste ano:

 

Cartaz: Os Carecos



 E este foi o cartaz dos grupos colaboradores e por suposto do riquísimo menú:

 

Cartaz: Os Carecos


O día empezou nebreando arreo, pero aínda así, a afluencia de xente foi a esperada, vendéronse máis de 200 racións de callos solidarios con opción vegana, riquísimos e no seu punto exacto de todo.

 Ás 13h deu inicio o serán coa feira de artesanía e a sesión vermú a cargo da Escola de gaitas de Ortigueira; o gran concerto de Os Carecos e para rematar Os do 21.

 Ás 18h empezou a gran foliada con: concerto de Böj; Banda de gaitas de Ortegal; AC Son D´aquí; No cómbaro; Os Montoxos; Canavella; Xilgharada; @s net@s do escribano; Buxainas e para rematar o concerto de Brixta. 

Ó longo do día compráronse moitas rifas para os sorteos das cestas doadas por:

Perruquería Campos de Ortigueira

Tenda Alecrín + Nikis de Betanzos

Bodegas do Ribeirao de Viveiro

Fin de semana no Spa thalasso Viveiro

Cesta dos artesáns

Casa Giz de Cuiña

Hostal Giz de Cuiña

Kit Careco 

Á noite acudeu máis xente, xa que deixara de chover, e esta boa causa o merecía; vendéronse máis de 250 racións de paella, deliciosa e abundante, había onde elixir entre paella mixta, paella de carne e paella vegana. 

Alargouse a noite cunha gran foliada rodeada coma sempre de grandes amigos; onde uns tocaban e outros bailaban. 

Na organización deste evento traballamos moitas persoas capitaneadas polos Carecos, cada un ten o seu posto: na cociña, no toldo, na tenda, servindo menús ou arreglando un grifo e o que faga falta, e todos e cada un deles son moi importantes para que todo isto funcione como unha máquina de mallar; este ano todo saíu rodado e o día foi transcurrindo con fluidez sen grandes problemas e os que aparecían solventábanse ó momento. Non me poido olvidar das nosas palilleiras que tódolos anos veñen coas súas obras de arte e aportan o seu grao de area a esta boa causa, ademáis sempre traen algunha larpeirada que nos sirve de almorzo ou de merenda. 

Este ano tivemos unha falta moi importante para todos nós, facía 7 meses que, sin previo aviso, se nos fora Luis, o noso cociñeiro xefe que sempre nos botou unha man, sempre nos axudou e guiou de forma desinteresada, sempre nos animaba cando nos vía apurados, tranquilizábanos cando algo nos preocupaba, con el todo era más fácil, voluntario para todo e se che podía quitar un peso de enriba, quitábacho; servicial e coidador de todo aquel que o rodeara. A súa ausencia notóuse moito e notóusenos a nós tamen, pero se algo aprendimos de Luis foi que a pesar das adversidades que nos pon a vida por diante, hai que seguir axundando a quen o necesita, e así o fixemos ese día e así o seguiremos facendo nos próximos Seráns Carecos Solidarios. 

Ademáis este Serán as palabras foron poucas, tiñamos un nó na gorxa que non nos deixaba falar, os nosos ollos estaban humedecidos porque estábasenos indo Dolores; estábasenos apagando pouco a pouco a muller que fai 30 anos colleu ó cancro de mama da man e o mantivoo durmido ao seu lado sen que se notara, camiñou con el dunha forma exemplar e admirable, tomou todo canto tratamento lle mandaron e aconsellaron, a súa forma de levalo non ven nos libros de oncoloxía e para moitas foi a avanzadilla e un espello onde mirarse e sentir calma. Sempre tiña unha palabra de consuelo para dicirche, cando a que estaba no medio da tempestade era ela; gran matriarca da súa familia, a bondade personificada e cun corazón inmenso. Quizáis teña que escribirse nos libros de medicina que o amor é a menciña máis importante que o ser humano pode ter nas mans, porque nos momentos no que todo o demáis é inútil, aínda se pode amar, sin esperar recompensas, nin cambios, nin agradecementos; a enerxía do amor transforma o universo ó teu arredor e niso Dolores foi un gran exemplo. 

Por todo iso, por Eva, por Dolores e por tantas mulleres e homes que están padecendo este maldito cancro de mama seguiremos recadando todo canto poidamos, porque estes cartos irán destinados á investigación que é o que fai avanzar os tratamentos para curar ou para mantelo durmido. Por exemplo, hai 9 anos non había tratamento para a nosa Eva e hoxe en día sí que o hai, grazas a estes eventos solidarios que recaudan para investigar en novos e mellores tratamentos; todo isto danos un impulso moi grande para continuar facendo o Serán Careco Solidario que empezou por Eva e continuará moitos anos máis polas xeracións futuras. 

Aínda que tiñamos a ialma en pedazos, o corazón encollido e o pensamento estaba noutro lado, foi un día moi emotivo e moi solidario, todo o mundo colaborou como puido, a xente botouse a comprar ganchillo para colaborar; compraron moitas cousas tanto á asociación ADICAM como ás palilleiras de San Claudio como na nosa tenda que tiña de todo e tamén nos postos de artesanía que viñeron a pasar o día alí.

 En total recadáronse 8182,75 euros que irán doados na súa totalidade a ADICAM: Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico, que teñen a súa sede en Cangas do Morrazo, Pontevedra. A súa misión é mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas, dos seus familiares e a poboación en xeral; estando presente en todas as fases do cancro, dende a prevención, a detención precoz, os diagnósticos e tratamentos, ata a rehabilitación e recuperación. A investigación e a sensibilización é parte importante do seu traballo e loitan a diario por iso. 

Por último, quería agradecer a Os Carecos que organicen este Serán, porque nos fan sentir cousas moi bonitas dentro de nós, somos felices facendo o noso Serán, confirmando así que a solidaridade e a empatía son fundamentais na sociedade actual e na do futuro; como dixo un tal Eduardo Galeano: “moita xente pequena, nun lugar pequeño, facendo cousas pequenas podemos cambiar o mundo”.

 


Vanessa Orjales Martínez

domingo, 2 de noviembre de 2025

MANDILÓNS E GLAMOUR

 

A miña nai tiña unha colección de mandís. Estaban prendidos dun gancho na cociña. Poñíaos para calquera tarefa que puidera manchar a roupa e rifábanos cando nós non o faciamos. Tiña unha gran habilidade para atalos e desatalos e nunca saía á rúa con eles postos. Penso que era un xesto de coquetería herdado da miña avoa, á que nunca vin saír á porta da casa en zapatillas.

Quizá por iso me chamou a atención comprobar como no mundo rural galego as mulleres da idade da miña nai, e por suposto as máis maiores, levaban postos de xeito case perenne mandilóns. Poñíanos pola mañá e quitábanos pola noite. Ou esa é a miña impresión.

Mandilóns de cadros atados no costado ou abotoados por diante. Mandilóns de loito de alivio, en branco e negro, ou doutras cores, azuis, verdes, vermellos, marróns..., sempre combinados co branco.

Foto:Marta Sueiras Martínez

Maruxa ofreceuse a comprarme un na feira dos xoves pero eu quiteille a idea da cabeza. Confeseille que era unha prenda que non me gustaba e que prefería o mandil.

Nunca me gustaron os mandilóns, tampouco cando tiña que levalos á escola. Daquela eran de raias brancas e celestes. Cando lles tocou aos meus fillos os mandilóns eran de cores atrevidas, con grandes botóns e mesmo coa posibilidade de bordar os seus nomes. Eran alegres e prácticos a un tempo.

Estes días, entre o funesto panorama de noticias, atopo unha que me alegra a mañá. Incrédula ante o titular “Os mandilóns das avoas galegas emocionan na pasarela de París”. Abro o enlace para saber máis.

A firma italiana sorprendeu na Semana da Moda cunha colección inspirada nos mandilóns e batas de flores das mulleres traballadoras e rurais do sur de Europa. Eleva á categoría de luxo os mandís de cadros, as batas cruzadas e os estampados domésticos, reinterpretando o uniforme cotián de tantas avoas.

A proposta, entre o utilitario e o sentimental, rende homenaxe á tradición, á tenrura e á resiliencia das mulleres que fixeron do traballo e o coidado a súa bandeira. Un xesto que transforma o cotián en moda, e o íntimo en arte.”

Miro as fotos e sorpréndeme gratamente o que vexo. 

Mandilóns de cores ácidas e tamén pasteis, floreados e con motivos varios, con transparencias, con volantes, de coiro e mesmo con pedrería. Mandilóns con sandalias, con botas, con zocos ou con zapato pechado. Mandilóns para ir á oficina, de festa, de cóctel... informal pero ben vestida.

Se pensas que un mandilón non ten nada de glamour agarda a ver a colección primavera-verán 2026 na rúa e mesmo tes que cambiar de criterio.

E pensándoo mellor, voulle tomar a palabra á miña sogra! Direille que cando chegue o bo tempo que si, que me merque un mandilón na feira do xoves. E a ser posible que sexa de cores vivas e con flores.

Pero hai unha dúbida que me inquieta. Saberei levalo coa elegancia innata coa que o levaban, e aínda levan, tantas entregadas mulleres?

 

Dolores Asenjo Gil

viernes, 16 de mayo de 2025

FOULA

 

A FOULA QUE BAILA NO AIRE 

O pasado domingo 4 de maio do 2025 na sala Garufa de A Coruña, despois de barrelas calles cunha rosiña de abril-e, Os Carecos presentaron o seu esperadísimo 1º disco titulado “FOULA”, que significa po miúdo e livián que se ergue do chan cando alguén pasa, traballa ou (aí vén o mellor) cando se bota unha boa foliada. 


Portada disco "Foula" de "Os Carecos"

Contraportada disco "Foula" de "Os Carecos"

Os Carecos para a pouca xente que non o saiba son 6: Samuel, Diego e Carlos á voz, pandereta e resto de percusión tradicional; Antonio á percusión tradicional; Serafín ó acordeón e Alberto á gaita e ó clarinete. Dende Cariño ata Mañón pasando por Ortigueira e dando a volta por Fene, a música de Os Carecos resoa en toda Galicia pasando polo Carballiño, Ribadavia, Elviña, Sequeiros, Vilabalde, Caión e rematando en Tristimil onde viven as nenas fermosas “con ese pelito rizo que le baja por la cara”.


Foto de Nuria Ramos

 A sala acolleu a máis de 200 persoas procedentes de toda a zona do Ortegal e arredores.

Como teloneiras actuaron As Cantareiras da A.C. Son d'aquí (A Coruña) facendo máis amena a espera para ver ós nosos amigos, que fixeron un cheo absoluto con entradas esgotadas nun tempo récord porque ninguén se quixo perder tal acontecemento histórico e tan importante para Os Carecos e para os seus seguidores, que tanto tempo levábamos esperando este día. Un soño feito realidade, un soño que foi posible grazas á financiación colectiva de máis de 200 persoas que comprando discos, calcetíns, camisetas, gorros, padeiretas e entradas para este evento en apenas 10 días xuntamos más de 8.500 euros, suficientes para a creación do seu 1º disco físico; composto de 12 cancións + 1 panxoliña de regalo; 3 delas acompañados da incrible Sheila Patricia e 1 canción acompañados do inigualable Edelmiro Fernández.


Foto de Nuria Ramos

O disco ten unha gran variedade musical tradicional galega composta por maneos, xotas e muiñeiras sen olvidarse de Palmira e de Tristimil e por suposto da Aldeíña das Cortellas. 

O torreiro da sala Garufa levantaba foula imaxinaria; ese día pasou algo máxico e único, e moi difícil de describir, había que estar alí para vivilo. Os ollos da xente brillaban de orgullo e tiñamos o peito inchado ó recoñecer e ó escoitar o gran traballo que estaban estreando os nosos amigos Os Carecos. 

Foto de Nuria Ramos

Cada aplauso, cada berro, cada baile, cada emoción foron para arroupar e animar a estes amigos artistas que se aventuraron neste camiño de publicar o seu 1º traballo en formato físico. A nosa Asociación Centro Cultural Libro Vivo da aldeíña de San Claudio está moi orgullosa de dar voz e apoiar a estes rapaces, e de ver como se forma foula alá onde eles tocan boa música tradicional.  

O próximo concerto é o día das Letras Galegas, o sábado 17 de maio no Bar Queiro ás 23:04h; as entradas están a piques de esgotarse así que bulide por elas. 

Merchandising "Os Carecos"
Desexámoslles todos os éxitos do mundo e que alá onde vaian se forme moita foula no aire.

Por Vanessa Orjales

lunes, 21 de abril de 2025

TEMPO DE PAIXÓN

 

Este ano fíxose esperar, pero chegou. Sempre chega, aínda que as datas bailan entre o mes de marzo e o de abril. A Semana Santa non segue o calendario gregoriano senón o lunar por iso non se celebra nunha data fixa. As datas virán determinadas pola primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera.

Todos agardamos a súa chegada por razóns diversas pero igualmente válidas. Pode ser o fervor relixioso, o mantemento dunha tradición cultural ou simplemente o goce duns días de asueto.

O máis vistoso da Semana Santa son as súas procesións declaradas de interese turístico internacional en moitas cidades e vilas. En Galicia temos dúas con esta cualificación: a de Ferrol e a de Viveiro.

Nas procesións, dependendo do lugar, prevalece o silencio e o recollemento ou o alborozo de tambores, bombos e cantos. En todo caso, mestúrase o respecto pola representación da morte de Cristo coa arte, a beleza, a música e o colorido dos traxes dos confrades e das flores que adornan os pasos. É un espectáculo solemne que enche as rúas de persoas devotas e agnósticas.

Foto: Maite Asenjo Gil

As imaxes, algunhas con séculos de historia, o compás dos confrades, o aroma da cera e das flores fai que a emoción ou a admiración brote de forma espontánea.

A Semana Santa como todo acontecemento importante, agás aqueles que se presentan sen avisar, ten un período previo de preparación, a coresma. Un lapso de tempo consagrado á reflexión, ao arrepentimento e á mellora persoal, que vai dende o mércores de Cinsa ata o xoves Santo.  

Un período no que outrora practicábase o xaxún e a abstinencia de comer carne os venres. Hoxe predícase outro tipo de xaxún relacionado con áreas máis persoais. Xaxún de egoísmo, de insensibilidade, de competitividade e da comodidade dunha vida fácil.

A Semana Santa é tamén unha época propicia para as vacacións. Este ano non fun á miña terra e botei en falta toda a larpeirada que acostumamos comer nestas datas. Anhelei as roscas fritas, tenras e suaves, que facía miña nai; os pestiños que se ofrecen en calquera panadaría ou pastelaría; os borrachuelos e o leite frito que tan ben lle saían a Cruz e mesmo as improvisadas torradas para aproveitar o pan reseso. 

E decateime de que un abano semellante de lambonadas cómese aquí xusto antes da coresma, no entroido. Orellas, filloas, flores, chulas... son a sobremesa dos suculentos cocidos.

En verdade facemos o mesmo aquí e aló só que en tempos distintos.

Aquí collemos forzas ante a coresma para afrontar, coma fan os grandes mamíferos que hibernan, as privacións que caracterizaban ese período de reflexión e penitencia.

E aló, na miña Granada, repoñemos forzas dos xaxúns e das frugais comidas que se facían en coresma noutros tempos.

Lembro con especial cariño os xoves santos da miña infancia. Na casa, tras asistir ao oficio do lavado de pés, agardábanos un chocolate quente con roscas fritas. Case que sinto o seu recendo.

Dende tempos inmemoriais os humanos recorremos á comida para as nosas celebracións. A través dela expresamos moitas emocións, incluídas a tristeza e o dó. E a Semana Santa non ía ser unha excepción.

A miña opinión é que hai que ser respectuoso coas tradicións culturais, sobre todo se son tan saborosas. 

Dolores Asenjo Gil

sábado, 8 de marzo de 2025

NI UN PASO ATRÁS

 ¡En casa y con la pata quebrada! Esta frase la oí alguna vez en plan jocoso, aunque maldita su gracia. La frasecita no tiene desperdicio. No les bastaba con tenernos confinadas en el hogar, sino que mejor impedidas para evitar tentaciones. Los dichos, las frases hechas, los refranes son el reflejo de la sociedad en la que arraigan. Y esa ha sido la sociedad para las mujeres durante muchos años.  

Por fortuna las sociedades avanzan. Seguramente más lento de lo que muchas desearíamos, pero avanzan.

Poco a poco se fueron abriendo puertas y ventanas de esas casas cerradas casi que con trancas. La luz, el rumor de la calle, el aire fresco, la vida detrás de las paredes entró en las viviendas al tiempo que las mujeres se aventuraron a probar suerte fuera de ellas.

Algunas, incluso, se adelantaron al momento histórico que les tocó vivir. La primera mujer que accedió a la universidad española tuvo que hacerlo de manera clandestina. Corría el año 1842 y Concepción Arenal se asfixiaba en el ámbito doméstico. Se infiltró en la Facultad de Derecho de Madrid con atuendo masculino, pues de lo contrario le habrían impedido la entrada. Nunca obtuvo título universitario, aunque sí los conocimientos para ser considerada una experta en derecho penitenciario, además de pensadora, poeta y ensayista.

Habría que esperar hasta 1910 para que se publicase un real decreto que permitía la enseñanza igualitaria a ambos sexos en estudios superiores. Desde entonces, con numerosos altibajos provocados por el contexto histórico y social, la mujer ha ido incrementando su presencia en las aulas universitarias hasta llegar a superar a los varones en porcentaje de matriculados.

Otro paso de vital importancia fue el derecho al sufragio. Hoy, con índices de abstención altísimos en cualquier convocatoria electoral, es fácil olvidar la trascendencia de esa conquista. Y creo que nunca estaremos suficientemente agradecidas a Clara Campoamor, que defendió con ímpetu la igualdad de derechos para las mujeres y la necesidad de su participación en la política. Su discurso vehemente consiguió vencer los recelos y desconfianza de la mayoría de la Cámara.

Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar, a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras”.

Las primeras elecciones en las que las españolas pudieron votar fueron en noviembre de 1933. Volverían a ejercer su derecho en 1936. Habría que esperar muchos años, hasta junio de 1977, para volver a introducir una papeleta en las urnas. 

El Código Civil de 1889, que aún está vigente, aunque con muchas operaciones de cirugía estética, definía con apabullante claridad el reducido escenario en el que las mujeres podían actuar. Paradójicamente para las casadas el espacio era aún más minúsculo, aunque se las suponía reinas y señoras de su casa. Les debían obediencia a sus maridos y precisaban de su autorización para actos tan personales como aceptar o repudiar herencias, pedir la partición, adquirir y vender bienes. Más que mujeres semejaban seres incapacitados, avalados por el solo hecho biológico de nacer mujer. Las solteras debían lidiar con groserías y exabruptos, pero gozaban de la capacidad jurídica que se les negaba a las que pasaban por la vicaría.

No será hasta 1975, con una ley que modificó el Código Civil y el de Comercio, cuando las mujeres casadas pudieron abrir una cuenta bancaria propia sin necesitar la tutela del marido. Aun así, hasta 1981 no se les permitirá algo tan básico como administrar libremente su economía.

Foto: Dolores Asenjo

Además, si erraban en la elección de su príncipe azul, no les quedaba otra que aguantarse pues el matrimonio era indisoluble.

Hubo una primera ley de divorcio en 1932 de vida muy breve, ya que en 1939 fue expresamente derogada. Esa fatídica fecha arrancó de cuajo derechos y libertades no solo a las mujeres sino al conjunto de la sociedad. Un polvo ceniciento cubrió el cielo durante casi cuarenta años.

La Constitución de 1978 supone un cambio de escenario, de tramoya y aderezos ¡Todo de estreno! En el decorado se observa un camino largo, con algún repecho, pero con firme seguro. Y ahí estamos. En el Título Primero se recogen los derechos, deberes y libertades de la ciudadanía, sin excepciones. El artículo 14 proclama orgulloso la igualdad, sin ningún tipo de tipo de discriminación.

Pero ese conjunto de derechos, libertades y principios precisa, para que no queden en cartón piedra, de normas que los desarrollen, que les insuflen vida.   A continuación, cito algunas normas que han contribuido decisivamente a que nuestra sociedad sea más equitativa e igualitaria. 

En 1981, con una importante reforma del Código Civil en materia de Derecho de familia, se reconquista el divorcio junto con la igualdad de derechos y obligaciones de los cónyuges en el matrimonio. 

Después vendría la Ley orgánica de 2004 de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género. Y bajo su paraguas nacieron los juzgados especializados en Violencia sobre la Mujer tan necesarios para juzgar tantos abusos, maltratos y feminicidios.

En 2017 se aprobó, sin ningún voto en contra, el Pacto de Estado contra la Violencia de Género, que supuso incorporar criterios de igualdad y no discriminación en las políticas públicas y la visualización y atención de otras formas de violencia contra las mujeres.

En 2022, en un escenario post manada, se aprueba la Ley orgánica de Garantía Integral de la Libertad Sexual, más conocida como ley del solo sí es sí, que considera que cualquier interacción sexual debe contar con el consentimiento explícito de ambas partes.

En febrero de 2025 el Pacto de Estado contra la Violencia de Género ha sido objeto de renovación incorporando nuevas medidas, más presupuesto y los conceptos de violencia vicaria y digital. Ocho años después sí hay un voto en contra. VOX, que en 2017 no tenía representación parlamentaria, ha dado un no rotundo.

Y yo me pregunto atónita ¿Cómo puede haber mujeres votantes, afiliadas o dirigentes de esas siglas?  

Las leyes acostumbran a ir desacompasadas de las necesidades sociales. Aun así, son necesarias para consolidar derechos y libertades.

Las leyes progresistas son difíciles de parir. Cualquiera de las normas citadas precisó para ver la luz de esfuerzo, sudor y lágrimas. También de dolor, golpes y sangre, en demasiadas ocasiones. Por ello tenemos que velar, especialmente las mujeres al ser las que más tenemos que perder, para que pervivan. Protegerlas del tufo que emanan ultraderechas y gobiernos populistas.

Salgamos a la calle el 8 de marzo. Las mujeres para conmemorar nuestro día y el resto por solidaridad de género. Velemos por los derechos y libertades conseguidos. ¡Ni un paso atrás! Ni tan siquiera para tomar impulso.


Dolores Asenjo Gil

miércoles, 22 de enero de 2025

H2O

 É o segundo fin de semana de xaneiro e para nós o primeiro que imos a San Claudio neste novo ano. Alborexa cunha néboa mesta que impide mesmo ver a ría. Sen présa a brétema vaise desfacendo coma as galletas que esfaragullan no vaso de leite e non podes atrapalas coa culleriña. As cores xorden cunha nova viveza, cun brillo que semella de estreo.

Os restos do resío simulan purpurina en fieitos e herbas.

As flores de camelia escintilan coma as luces de Nadal. Os paxaros expanden con xenerosidade os seus trinos por toda a parroquia. Contaxiada por tanta enerxía camiño case ao trote ao tempo que cantaruxo contenta.

O día está fresco de máis e por momentos parezo unha fumadora empedernida  que cuspe fumarolas ao aire límpido.

Atópome con varios gatos que deambulan en liberdade. Todos están repoludos coma se, eles tamén, paparan demasiado nas festas.

Foto: Dolores Asenjo Gil

Un murmurio cantareiro acompáñame dende que saín da casa. É a auga que corre, feliz tamén, por regos e gabias. O lavadoiro do Orxado desbórdase con estrondo e as súas augas mansas seguen o camiño marcado.

Foto: Pilar Martínez Martinez

Só en Faxín de Arriba a auga enmudece. Percibo unha calma case total crebada polo lene movemento das follas dos eucaliptos. Antes de chegar á Capilla retorna o cantar da auga entre silvas e salgueiros.  

E penso que a esta aldea tocoulle o premio do Sorteo Extraordinario de Inverno 2025 da Lotería Nacional. O premio máis grande: a auga.     

Dolores Asenjo Gil

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas