viernes, 17 de noviembre de 2023

MAGOSTO E III CONCURSO DE DOCES 2023

A pesar de toda a auga que leva caendo do ceo, o pasado sábado 11 de novembro celebramos no Escolar de San Claudio o Magosto e o III Concurso de Doces.
Máis de medio centenar de veciños reuniuse no Escolar para gozar dunha tarde diferente en moi boa compañía.

Sobre as 17 h comezamos co Concurso de Doces, este é o terceiro ano que se fai. Presentáronse un total de 9 doces de forma totalmente anónima, aínda que algún nome e algunha elaboración daban algunha pista.

Os doces foron:

1. Tortitas de cabaza feito por Carmen

2. Tarta de Ortigueira feita por Cañí

3. Boliñas de biscoito feito por Carla

4. Tarta de pistacho feita por Óscar

5. Tarta 3 chocolates feita por Fina

6. Tarta de Santiago feita por Juan

7. Pasteliños de limón feitos por Verónica

8. Suspiros de amante feitos por Regina

9. Lambetada das mazás de Liñares feita por Enriqueta


Foto: Juan Rodriguez Pereira

Foto: Juan Rodríguez Pereira

Foto: Juan Rodríguez Pereira

Foto: Juan Rodríguez Pereira


Foto: Juan Rodríguez Pereira

Todos eles feitos dunha forma artesanal pol@s veciñ@s de San Claudio, que unha vez saboreados e valorados, votamos polo que máis nos gustou, resultando así os gañadores:

1º posto para a tarta de Ortigueira

2º posto para os suspiros de amante

3º posto para a tarta de pistacho

Levando como agasallo 1 manopla, 1 agarradeira, 1 culler de pau e uns bombóns.
O resto de paticipantes levaron como agasallo 1 culler de pau e uns bombóns.


Paraticipantes concurso de doces                        Foto: Juan rodríguez Pereira


Sobre as 19 h celebramos o noso particular Magosto degustando unhas exquisitas castañas cocidas con fiúncho, uns chourizos ó viño, e uns liscos fritidos en AOVE, todo isto acompañado de pan e viño a fartar; e para rematar un delicioso chocolate con leite para quentar o corpo.

De fondo na pantalla puidemos ver uns vídeos sobre as tradicións propias do Magosto, como a recollida da castaña.

Foi unha fermosa tarde cunha merenda de convivencia entre os veciñ@s da parroquia para que o Escolar de San Claudio siga latindo e se manteña vivo.

Agradecemos a asistencia e participación nunha iniciativa coma esta ós veciños que acudiron, xuntos facemos a historia desta parroquia, á que é un orgullo pertencer.


Vanessa Orjales

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas