jueves, 7 de diciembre de 2023

NADAL 2023

 O día 2 de Decembro de 2023 tivo lugar no escolar de San Claudio a nosa tradicional cea de Nadal e o acendido da iluminación (co permiso do alcalde de Vigo) dando por inaguradas as festas de Nadal 2023/2024.


Cartaz por: Alfredo Rodríguez Pereira

 Ás 19:30, con rigorosa puntualidade 🤣🤣, tivo lugar o acendido da iluminación do escolar; luminarias, árbores, grinaldas, proxectores e todo tipo de adornos que se poida imaxinar e que o presuposto o permita evidentemente.

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira


Foto: Alfredo Rodríguez Pereira

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira


Este ano ademáis tivemos o pracer de ver incrementados todos este adornos cunha grande árbore de labores de ganchillo que de noite está iluminada e que é a envexa de toda a contorna, moitas grazas a aquelas persoas que co seu esforzo fixeron posible este agasallo para toda a parroquia.

Vídeo acendido árbore de Nadal por Vanessa Orjales.

Foto: Alfredo Rodríguez Pereira


Foto: Alfredo Rodríguez Pereira



Despois do acendido cumprimentouse ós presentes cuns aperitivos e a proxección de antigos vídeos da representación do Belén vivente na igrexa parroquial e diferentes obras de teatro representadas, fai algúns aniños, polos rapaces de "Tempo Libre", que a máis de algún trouxolle vellos recordos e emocións.

E por fin da comenzo a cea (non foi sen tempo pero o bo faise de rogar) sopiña de marisco e peixe que co frío que facía comíase soliña, xarrete que se desfacía na boca, un surtidiño de sobremesas de Nadal que a máis de algún fíxolle subir o azucre e para rematar café e licor...pero non rematou aquí a cousa xa que a continuación abriuse a cantina e deu comenzo a festa rachada que algúns, coma o que está escribindo estas verbas, prolongaron ata altas horas, cousas do estrés. 

E como non, para o día seguinte unha sesión de lavado de cara e o escolar está para outro evento que esperemos non se faga moito de rogar, unha aperta dun servidor BO NADAL¡¡ e FELIZ 2024¡¡ 🎉🥂🎉🥂

P.D. lembrade que o día 22 de Decembro teremos que estas pendentes do noso número 11721, moita sorte a todos. 


Alfredo Rodríguez



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas