O pasado sábado 16 de decembro, unha pequena representacion da ACC
Libro Vivo xunto cos nosos amigos Os Carecos, acudimos a Santiago de
Compostela á sede de ASANOG (Asociación de axuda a nenos
oncolóxicos de Galicia) sita na avenida de Barcelona nº30, a
200 metros do hospital CHUS. Alí celebrouse a xornada
navideña de portas abertas da asociación co obxectivo de
entregarlles o cheque recaudado no VI Serán Careco Solidario
celebrado na nosa parroquia de San Claudio o pasado 29 e 30 de
setembro. Facíase así a entrega oficial da cantidade de 12320,13 €,
que se emplearán nun novo terapeuta.
 |
| Foto: ASANOG |
Tamén a xornada navideña de portas abertas serviu para
coñecer o fermoso traballo que realiza esta asociación cos nenos;
por exemplo soubemos que os nenos que teñen analítica en
ayunas no hospital, poden ir a almorzar alí á sede
gratuitamente e poden xogar e facer múltiples actividades.
 |
| Foto: Vanessa Orjales |
A música puxérona os nosos amigos Os Carecos que conseguiron animar
á xente ata poñela a bailar.
 |
| Foto: Vanessa Orjales |
 |
| Foto: Vanessa Orjales |
.jpeg) |
| Foto: Vanessa Orjales |
Video: Vanessa Orjales
Foi unha xornada moi divertida e solidaria, onde ofreceron talleres
de papiroflexia, fixeron chapas, bolsas de regalos
navideños, concurso para o mellor asanoger, presentaron os
novos calendarios 2024 en colaboración coa asociación canina do
Grove (ACADOG), onde cada mes é unha foto dos nenos con cans que
traballan como terapeutas con eles. Tamén fixeron unha poxa
solidaria de cuadros pintados a acuarela pol@s nen@s da Asociación,
todo tipo de figuras feitas a ganchillo e tamén sorteos de varios
premios (camisetas, loza, balóns de fútbol firmado pola gran Vero
Boquete) e para rematar e como non podía ser doutra maneira houbo
unha variedade de pinchos a fartar.
.jpeg) |
| Foto: Vanessa Orjales |
 |
| Foto: Vanessa Orjales |
Os Carecos e a ACC Libro Vivo deixamos os nosos mellores
desexos na pizarra de ASANOG na campaña que fan durante todo
o mes de nadal titulada #diciembrecontigo.
.jpeg) |
| Foto: Vanesa Orjales |
Foi unha mañá preciosa, chea de moitas emocións, teño claro que ó
darenriquecémonos moito máis por dentro como persoas, a
xenerosidade xenera unha felicidade en todos a quenes toca,
gastar diñeiro noutros, nos nenos que máis o necesitan xenera un
incremento prolongado de felicidade sen límite, en definitiva: dar
é recibir.
.jpeg) |
| Foto: Vanessa Orjales |
 |
| Foto: Vanessa Orjales |
Vanessa Orjales Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario