lunes, 1 de mayo de 2023

LIBRO CARMEN PENIN FERNANDEZ - ENFIANDO SENTIMENTOS

 

O pasado 26 de abril, na Biblioteca Municipal, tivo lugar a presentación do libro de Carmen, unha muller que é feliz deixando caer en forma de verbas o que sinte. Nace en Mañón, no ano 1964, filla de labregos cursa os estudos básicos en diferentes escolas. Na actualidade coida dunha pequena explotación gandeira e escrebe para desafogar. Di que segue sendo aquela nena que aprendía da natureza, que a confunden as emocións e que desexa enfiar os máis humildes afectos e as lembranzas aterradas no tempo que de novo xorden na vida. Pérdese entre as liñas da poesía e a paisaxe do entorno, e quere desvelar coas súas verbas o segredo que agocha o seu celme, aprender a ser ela nos silencios.

f.: Mari Cruz Sabio

Un día afloran as bágoas e cumpre un soño, e chegan as lembranzas de antano: a súa casiña, o muíño, a primavera, a fala do pobo, a aldea, entre outros moitos títulos, que dan conta dunha alma sensible que penetra no profundo da terra galega, nas raigames deste Ortegal neboento onde o musgo fai arte. Unha terra que mestura o alento do mar co arrecendo dos toxos ao florecer.



f.: Mari Cruz Sabio

Noraboa por esta entrega poética, editada por Agoeiro, que o Club de Lectura tivo o gusto de presentar e de acompañar á poetisa, escoitándoa recitar as súas vivencias e lembranzas.

O libro está a venta nas librerías de Ortigueira

Por Obdulia Dopico


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas