O pasado día 7 de decembro tivo lugar no escolar de San Claudio, sede da nosa asociación, a inaguración das actividades de Nadal do ano 2024 co acendido da iluminación de Nadal e o concerto levado a cabo por a "Rondalla de Cedeira".
![]() |
Cartaz: Alfredo Rodríguez |
Pode parecer algo moi materialista e incluso consumista pero é incrible a calor que dan e o que animan nestas datas uns poucos adornos do Nadal.
Como cada ano imos medrando coa cantidade de adornos e a súa luminosidade, espero que non moleste á veciñanza 😂😂, non somos Vigo pero todo se andará. Tamén como cada ano e dada a envergadura do evento, recurrimos á nosa mestra de ceremonias, Vanessa Orjales.
Vídeo de Vanessa Orjales
É evidentemente a estrela é a nosa árbore de patchwork a cal descubrimos recentemente que é un serio competidor para outras que publicitan na TVG, que se vai facer, para todo hai que ter padriño.
![]() |
Foto: Vanessa Orjales |
![]() |
Foto: Alfredo Rodríguez |
Video: Alfredo Rodríguez
Vídeo: Alfredo Rodríguez
Unha vez rematado o acendido das luces de Nadal puidemos disfrutar do concerto de Nadal a cargo dos nosos amigos da "Rondalla de Cedeira".
A rondalla fundouse no ano 2016 facendo a presentación oficial no ano 2017 no "Auditorio Municipal de Cedeira", o seu director é o noso ben coñecido Pepín da Xilde e agora mesmo ten un número aproximado de 37 compoñentes.
O ano 2017 foi un ano de grandes éxitos actuando por primeira vez na TVG no programa "AQUÍ GALICIA" e saindo da comunidade Galega coa súa gran actuación no "X ENCONTRO DE HABANEIRAS E CANCIÓN MARIÑEIRA-ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN CORAL DE PORCEYO-XIXÓN".
No ano 2020 puidemos velos no programa "LUAR" antes de ter que facer un parón obrigados polo Covid retomando a actividade cando rematua a pandemia no ano 2022 entre estas datas grandes actuación coma "XUNTANZA DE RONDALLAS EN TAPIA DE CASARIEGO-ASTURIAS" ou "PARTICIPACIÓN NAS PEPITAS- FERROL" acreditan a súa gran calidade musical e vocal.
Nos puidemos disfrutar dun fermoso concerto co seguinte repertorio:
- DEUDA - Bolero de Machín.
- SEBASTOPOL - Pasodoble.
- YO QUIRO SE MARINERO - Habanera.
- ROGACIANO EL HUAPANGUERO - Ritmo Mexicano.
- LA GAVIOTA- Habanera.
- DOS ALMAS - Bolero.
- VILLANCICO NAVIDAD - Panxoliña.
- VAMOS A BELEM AMIGOS - Panxoliña.
- CHEGARON A PÉ AMIGOS - Panxoliña.
- ISLA DORADA - Habanera.
- LA FERIA DE LAS FLORES - Vals.
- MUJER - Habanera.
- VIENTO DEL NORTE - Popular.
- RUMBOIA - Popular.
![]() |
Foto: Ivan Rodríguez |
E para rematar, sendo xa algo habitual nos eventos da nosa asociación, non podía faltar a parte gastronómica e xuntámonos todos de arredor dun chocolate quente con roscón, xuntanza na que non faltaron todo tipo de comentarios do concerto disfrutado e do nosa iluminación de Nadal.
O ano que ven máis e mellor.
Por Alfredo Rodríguez




























.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)























