martes, 14 de marzo de 2023

Palabras de Dolores, no nome da familia Cornide Albo, agradecendo a Libro Vivo o recoñecemento á súa nai Lucha

 

f.: Iván Rodríguez

Dolores e Coté leron a vida da súa nai, Lucha, recollida por Luli e Marta


Boas tardes a todos e grazas por acompañarnos hoxe neste acto.

En primeiro lugar quero felicitar a Fina por esta merecida homenaxe. Penso que tódalas mulleres temos historias detrás, pero a de Fina é especialmente dura e admirábel a forma na que trata de superar tódalas situacións ás que tivo que enfrontarse a o longo da súa vida.

Dura tamén foi a historia de Lucha, como a de moitas outras mulleres que tiveron a desgraza de vivir unha guerra.

Lucha e súa irmá Consuelo foron fillas da República, ademais de vivir nun ambiente moi politizado, cousa que lles supuxo o rechazo dunha parte da súa familia, consecuencia de iso, orfas de nai e con seu pai no cárcere, viñeron parar a San Claudio, con 4 e 3 anos de idade. Sempre agradeceron o tremendo esforzo que fixeron Ermitas e Teresa, dúas tías abuelas que as acolleron na súa casa e criáronnas dentro das súas escasas posibilidades.

Nesa casa nunca houbo unha figura masculina, talvez fora por iso que entendeu que o seu futuro estaba nas súas mans, nunca dependendo de terceiras persoas. Tivo a coraxe con so 16 anos de reabrir o forno, volver a cocer, como dicía ela, coa axudadas de Serapio. E aquí empezou todo, unha vida de traballo, de moito traballo.

Cando se casou e nacemos nosoutros, as súas prioridades cambiaron. Primeiro a familia e despois todo o demais. E así pasaron os anos, sempre traballando, case ata os seus últimos días, sempre na casa, sempre disposta a axudar, a vivir para a súa familia e mantela unida.

Queremos dar as grazas á directiva de Libro Vivo por este recoñecemento á nosa nai, anque ela era unha persoa a que non lle gustaba destacar nin ser protagonista. Seguramente que dende onde esté, estará dicindo: Non fixen nada que non fixeran outras, non é para tanto.


f.: Iván Rodríguez

Os veciños de San Claudio no Salón de Actos do Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas