O 22 de outubro, nas dependencias do Escolar, a Asociación Libro Vivo, tributará unha merecida homenaxe ao Club de Fútbol Mezquita, que tantos éxitos recolleron no seu momento.
O acto consistirá nun xantar de confraternidade para os antigos membros, amigos, simpatizantes e familiares que degustarán un rico cocido galego con postres, viño e café.
Previamente terá lugar a proxección dun documental sobre a historia do club e os xogadores.
As seis da tarde actuará a Rondalla de Cedeira dirixida polo noso veciño Pepín de Soto, natural de Axilde.
Fotos e trofeos acadados nas liguillas locais e comarcais figuran expostos nas vitrinas do Escolar, que ata agora estaban depositados no Bar Mezquita.

No hay comentarios:
Publicar un comentario