![]() |
| f.: Vicente Pérez Blanco |
MAGNÍFICA ACTUACIÓN DA RONDALLA DE CEDEIRA, DIRIXIDA POR PEPÍN DE SOTO, NA HOMENAXE AO CLUB DE FÚTBOL MEZQUITA DE SAN CLAUDIO
O sábado, 22 de outubro, tivo lugar no Escolar unha comida de irmandade, recordando os tempos do club de fútbol que tantos éxitos acadou ao longo do tempo, con grato recoñecemento a José Castro Seoane do bar Mezquita, que custodiou a colección de trofeos dende 1950 ata os nosos días e que doou a Asociación Libro Vivo.
70 anos de historia recollidos en imaxes, trofeos e crónicas deportivas que na actualidade se poden ver na sala de exposicións do Escolar.
Logo do xantar e proxección do documental sobre o tema deportivo por parte de Carlos Breixo, Presidente da Asociación, pasou a presentar a Rondalla de Cedeira, 30 voces mixtas máis instrumentos, dirixida polo noso veciño da Axilde e que hogano reside en Cedeira, Pepín de Soto, que interpretaron un variado repertorio que fixo as delicias dos presentes: Os meus amores, La barca en que me iré, Isla Dorada, Avante Patrón, Fisterra, Camariñas, Carro cantareiro, Viento del Norte e a petición dos presentes, Esclavo y Amo, e que foron moi aplaudidas.
Entre os compoñentes da Rondalla, figuran veciños do Concello de Ortigueira que se desprazan a Cedeira varios días á semana paraensaiar, como José Luís Pernas e a súa dona Carmen, de Loiba, Pepe Ramos de Cuíña e Aurora e Moncho Durán de San Claudio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario