A Asociación Centro Cultural "Libro Vivo" fúndase no ano 1980 por iniciativa duns veciños da parroquia de San Claudio, co fin de dar un uso de tipo sociocultural ó antigo edificio escolar que fora construído a expensas da Sociedade de Instrución San Claudio, con sede na Habana, no ano 1921.
A partir dese anos foron varios os presidentes e moitas as actividades que se celebraron nestes 42 anos de vida.
Na actualidade alberga o Museo Comarcal de Ortegal, integrado na rede Mein-PHE da SEPHE, siglas correspondentes á «Sociedad Española para el estudio del Patrimonio Histórico–Educativo». O seu responsable é o doutor Vicente Peña Saavedra.
No presente ano houbo cambios na Xunta Directiva, a cal está formada por José Luís Bellas Gómez, Alfredo Rodríguez Pereira, Iván Rodríguez Pereira, Luli Dopico Cachán, Vanesa Orjales, Marta Díaz Painceira, Óscar Villar Bellas, Diego Chao Cao e Roberto Meizoso, e está presidida por Xosé Carlos Breixo Rodríguez, Cronista de Ortigueira.
Na actualidade conta cuns 90 socios, número que é necesario incrementar para poder manter a asociación e o edificio. A asociación "Libro Vivo" fai todo o posible por manter viva a cultura na parroquia e na comarca, tal é como reza o seu nome.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario