lunes, 10 de octubre de 2022

O Club de Lectura iniciou o curso con "Pelerinaxes", de Otero Pedrayo, Risco e Ben Cho Sey


Participantes na primeira xuntanza do Club de Lectura, na sala do Hotel La Perla (Ortigueira), o 7 de Marzo de 2019.

    O pasado 8 de Outubro, o Club de Lectura iniciou o curso coa lectura do libro Pelerinaxes de Otero Pedrayo, Risco e Ben Cho Sey.

    Tras unha proxección do power point sobre a Literatura que hai en torno a Santo André de Teixido, no que aparece un listado de escritores egrexios, Federico Maciñeira, Ramón Bascoy, Rafael Usero, Valentín Carrera e o Cronista de Ortigueira e veciño noso, Carlos Breixo, entre outros, detidamente analizamos a andaina dos tres ilustres viaxeiros ata as terras do Ortegal e os incidentes ocorridos durante a viaxe que tivo lugar no ano 1927.

    Un sentir dos participantes no Club e devolverlles algún día a visita aos escritores, proxecto que haberá de madurarse con tempo, e levarlles uns sanandresiños as súas tumbas, a de Risco en Allariz, e a de Pedrayo e Oxea no cemiterio de Ourense, onde reza o seguinte epitafio:

    “O señor D. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran Cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus amigos o seu novo domicilio no cumio do cemiterio de Ourense, onde os agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan”.

    Agardando ser recibidos polo escritor Valentín Carrera, que en 1987, xunto con tres amigos segue os pasos daquela viaxe tan peculiar e que da paso a un bonito libro: Viaje al fin de los mundos, no que atopamos referencias a Ortigueira na xornada sétima, dende As Pontes ata Santa Marta, pasando polo monte Caxado.

    Fan tamén unha foto diante da Casa da Cordeira, coas adelfas aínda no Cantón. E outra foto da Imprenta Fojo a pleno rendemento, alí conversan con don David que lles ensina a hemeroteca. David sorrí cando lle din que levan un morto canda eles e cóntalles unha anécdota:

    Hace veinte años fui a Teixido con el pintor Ramón Vilar, hijo de Vilar Ponte, y con la periodista inglesa Nina Exton. Acababa de morir la actriz Marilyn Monroe y, tras invocarla debidamente, nos acompañó como difunta en la peregrinación a San Andrés”.

    Tamén lles regala os libros de Bascoy dicíndolles: “Aquí tienen ustedes la Biblia de Teixido”.


* * *


    Próximo libro a ler: Nada, de Carmen Laforet, unha novela publicada en 1945, Premio Nadal, incluída nas cen mellores novelas do século XX.

    Estará con nós, Consuelo Laforet, sobriña da escritora, estudosa da obra da súa tía, pintora, consultora de moda e decoradora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas