jueves, 6 de octubre de 2022

Pelerinaxes IV

 


Cando os ilustres peregrinos chegaron a Ortigueira, fixeron tertulia no casino e aquela mesma noite ían reunirse con persoas de Santa Marta para conversar sobre asuntos da Galiza e da teoría galeguista que Risco abandeiraba. Estaba previsto que pronunciase unha conferencia do sentimento de galeguidade, mais cando foi anunciada “un viento de murmuraciones invadió la villa burguesa y conservadora”, afirmándose que as dúas personalidades galeguistas eran anarquizantes e inimigas de toda institución, afirmando que Risco era home perigoso, “Risco dinamitero. Revolucionario, inimigo de todo canto hai de respetable baixo a capa dos ceos…”, así foi tildado na Vila. Risco calaba e sorría. A alcaldía e o Delegado Gobernativo non autorizaron a conferencia.

Continuaron a pelerinaxe e Otero ía tristeiro, non podía camiñar, tiña una ferida nos pés, así que foi da cabalo, nun faco da terra. Cruzan nunha motora ata Mera e alí os agardan os cariñeses, Piñeiro Lago, Francisco Pita e o médico Carreño. A descrición da viaxe e fermosísima, da paisaxe, da vexetación, das ermidas que encontran e a chegada, co suculento xantar con lagosta incluída, foron recibidos polo cura Miragaya, con quen toman un riquísimo café digno da Compañía das Indias e fuman puros habanos. O cura regaloulles medallas do Santiño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas