jueves, 6 de octubre de 2022

Pelerinaxes III

 


No libro editado por Galaxia, vemos ao inicio una fotografía de 1929, de Pedrayo, Fernández Oxea (Ben-Cho-Sei) e Risco, moi traxeados ao lado dunha muller e baixo un blasón importante. Sigue un sinxelo mapa de Galicia co itinerario recorrido dende Ourense ata Teixido, dividido en etapas: Ourense, Viana, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Villalba, As Pontes, Ortigueira, e San Andrés de Teixido.




De Ourense ao San Andrés, veleiquí a terra toda debaixo dos nosos pés. E ollade como andades, que ides por terra sagrada”. (Risco no prólogo).



As tres comadres, (Vicente Risco)


Índice:


Xornada do 4 de Santiago: A Fonte Calada. Ronda de mulleres casadas. As rulas do arboredo. O circo das vellas amizades. Na frouma dos rumorosos. Gaseosas, Escolas, Concello = Civilización. O Barbantiño mozo. As portas da montaña. Adeus ao Novelle. Revelación. O medo libre. Novas amizades (debuxos de Risco). A noite en Viana (Debuxo do cruceiro de Buciños).

Día 5: As glorias do Torrón mollado da montaña. A boa herdanza de Xulfe ( debuxo Pazo de Riazón e da Ponte de Comezo). Un folgo en Nuxilde. Outra volta no mundo coñecido (debuxo do retablo do peto das ánimas. Penasillás). O castro e o Castelo. O maxineiro do mesón e a indispensable síntese xeográfica. O Ermo (Igrexa de San Vicente de Arguzón). Unha infidelidade ao Fontán. Latricadas en Cerceda. Rosario de pobos no serán. Monterroso (Unha cea feudal).

Día 6: Os feirais. Idea de Monterroso. O Pazo de Salgado. Un mostrador. A peluquería. Intermezzo. A Igrexa. Naturezas mortas e Bodegóns. A infinda dor da igrexa de Esporiz (debuxo). Os condes desahuciados. Un paseo. Unha estampa romántica. Outra folga. O castro axexante. A botica. Palas de Rei. Amolecemento.

Día 7: A tertulia no auto. Camiñantes na Vila. O paraugas. Paisaxes e interiores. A casa do pobo. Andando a historia. Flor de Santidade. Escurrichando o serán. Rábade. A cachoeira das tellas. Século XVIII. (debuxo de don Ramón vendo chover). Betula fidelis (debuxo das árbores). A torre pantasma. Trobo. A gándara xerminal. O bacallau da pousada. (debuxos do mesón Gaibor). A Confeitería. Noriega Varela. Claridade. (Vilalba). A noite vilalbesa.



Día 8: Badeladas. Filosofía do camiño. A corda. Candamil. Señores de a paseo. O tema das Pontes. O lavabo. O Risco menciñeiro.

Día 9: O auto. Esquistos. (Debuxo do Caxado). Magnolios floridos, serán de domingo. O Risco, home perigoso.

Día 10: Camiño de San Andrés. (Debuxo de San Adrián). A Capelada. San Andrés. (Debuxo do Muíño de Teixido). (Debuxo das tres comadres que foron a Santo André). (Debuxos de Punta Herbeira, Punta Gabeira). A Volta. (Voz de Ortigueira). Cariño. A noite. 


Día 11. As gaivotas na Praia. As rocas. O crego de Cariño, (Crecente)?, A fiestra do médico, doutor Carreño. O espírito do pobo. Algunhas cifras. Cariño no mundo. As rutas dos vapores.Oficialmente. A guerra. Os cisnes negros do mar. Despedida. Camiño de Viveiro. Viveiro. Un xardín e una carta, (para Ramón Vilar Ponte). Viveiro, Mondoñedo, Lugo, Ourense.



Imos destacar so una parte do traxecto que nos corresponde por ortigueireses e que abofé é anecdótico. Parte da historia queda recollida na Voz de Ortigueira, asinado por Vicente Risco. (3-IX-1927). Hai una foto na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense, na que vemos a Pancho Pita, Miragaya, o cura, Ben-Cho-Sei. Otero Pedrayo, Risco, Carreño, o médico, na porta do Santuario de Teixido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas