sábado, 12 de noviembre de 2022

O San Martiño


f.: Luli Dopico

    Imáxenes de San Martiño (o Dumiense é o de Tours), na igrexa de Ortigueira, co ramo de flores, que saíron en procesión este 12 de Novembro, polas rúas de Ortigueira, ao sons da Escola de Gaitas.


(Extracto do artigo sobre o SAN MARTIÑO, publicado no libro O País de Nós, de Manuel López Foxo, no ano 1992).


    A festa de outono por excelencia nas terras de Ortigueira é o San Martiño, que se celebra u once de novembro, é o patrón de Luama. A tradición di que o primitivo pobo de San Martiño está enterrado na lagoa que hai no areal. E ao mellor é certo, quén sabe!

    Tamén contan os historiadores que nesta parroquia, nos primeiros anos do cristianismo, foi fundado o convento de San Martín da Laguna. Hoxe non se conserva nin unha soa pedra.

    Na xeografía de Luama están situados tres nobres edificios: o antigo Escolar, o asilo “Dolores Díaz de Dávila” e o Pazo de Brandariz. A famosa fonte da Curuxeira, está así mesmo en Luama. O que non ten esta parroquia é unha igrexa, nin sequera unha pequena capela. A efectos canónicos depende de Santa Marta de Ortigueira.

    A feira de San Martiño celebrouse durante moitos anos na Preguiza, e non era unicamente de mel, senón tamén de animais. Despois a feira pasou para a praza vella da vila, que é onde se fai na actualidade.

    Pola festa do San Martiño, que se fixo algúns anos diante do Escolar, non faltaba nunca o ramallo do santo co roscón. Este ramallo (de loureiro, creo) ía na procesión e logo era subastado no adro da igrexa de Santa Marta, unha tradición que se deixou perder.

    Polo San Martiño ningún veciño falta a feira do mel, resultado do esforzo dos apicultores da comarca, do que tanto saben Pepe Riola e Pepe Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas