lunes, 21 de noviembre de 2022

'Retorno sen volta', de Xosé Lastra, será o libro para Decembro no Club de Lectura

https://www.facebook.com/xose.lastramuruais


Xosé Lastra Muruais

O próximo libro a ler no Club de Lectura será Retorno sin voltapara o mes de Decembro, cando contaremos coa presenza do autor no Escolar de San Claudio.

Ed. Alvarellos

        · Poemario de Xosé Lastra Muruais

        · Ilustrado por Leandro Lamas

       · XLVII Premio do Certame Literario do Concello de Villalba (Editado por Alvarellos en 2022)


    Nace o autor na Pontenova, no ano 1952. Na actualidade vive en Cuíña, exerceu como mestre en colexios de Ferrol, A Coruña e Terrassa. Director de varios centros de ensino, membro fundador do grupo Avantar e da Nova Escola Galega, da que é Presidente. Coordinador de dous modelos de normalización lingüística e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica. Coordinador editorial do Dicionario Xerais da Lingua, e xunto coa súa filla, Xiana Lastra, coautor de O meu primeiro Celso Emilio e de A miña primeira Rosalía; con Manuel Veiga, de Manuel María. Vida, versos e rebeldía. Retorno sen volta é o seu primeiro libro de poesía, que segundo Rosalía Fernández Rial, autora do limiar: “Ao anainar este libro entre as mans, lectora, lector, completarás con catarse os ocos do teu baleiro porque só se pode seguir camiño combatendo a dor con cantos”.

    Trinta e tres poesías que alumean no corazón do poeta mentres caen estrelas sobre a ría e retorna á noite fría. Agarimosas ilustracións cunha cabeleira de palabras.

    Leremos o libro con ledicia, agardando o recitado da palabra que esnaquiza o ar e adiviñando ver como entra o fume da néboa pola boca da ría.

Club de Lectura

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas