miércoles, 23 de noviembre de 2022

MAGOSTO 2022

     
    O sábado pasado 19 de novembro celebrouse no escolar de San Claudio o Magosto e o II Concurso de doces.

    Comenzamos co concurso de doces, un total de 10 doces que se presentaron de forma anónima:

 1   Mousse de limón con biscoito e xelatina de limón
 2   Tarta de améndoas e cabelo de anxo
 3   Roscón do patrón
 4   Pastas de améndoas da Bodeguiña
 5   Tarta de laranxas de Carreira Cabada
 6   Rosquillas de Tristimil
 7   Delicias de limóns do Correo
 8   Biscoito de cabaza do Baleo
 9   Biscoito de chocolate e castañas de cortiñán
 10  Biscoito de noz morena

    Todos eles feitos pol@s veciñ@s da parroquia que unha vez degustados, votamos polo que máis nos gustou. Resultando gañadora a mousse de limón con biscoito e xelatina de limón feita pola máis alevín dos participantes, Carla.


f.: Juan Rodriguez

Participantes do concurso


    A continuación, disfrutamos da actuación dos nosos amigos os Carecos, que xa nos teñen afeitos á súa música tradicional e algunha que outra peza nova que nos fai poñer os pelos de punta, como a "Xota de Tristimil" cunha melodía e unha letra fermosísima merecedora dun premio musical.




f.: Juan Rodríguez


Actuación de Os Carecos


    E xa para rematar, celebramos o noso Magosto degustando castañas cocidas con arrecendo a fiunxo, chourizos cocidos en zume de uva tinta e chocolate con leite ben quentiño para acompañar algunha peza de doce que sobrou da degustación do concurso.

    Foi unha tarde moi amena e aproveitamos dende aquí para agradecer a asistencia e colaboración no concurso d@s veciñ@s de San Claudio.


                                       Vanessa Orjales

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA CARECOS

  O pasado sábado 29 de novembro, tivemos doblete nas charlas Apálpate : Cariño e San Claudio (Ortigueira). Foto:  María Jesús Rodriguez Ram...

Libro de visitas