O pasado sábado 25 de febreiro celebramos a cea do entroido en San Claudio, unha das máis importantes do escolar, pola gran afluencia de xente que ten, cada ano vamos a máis e mellor, en concreto, este ano casi chegamos ás 100 persoas.
![]() |
| Cartaz cea entroido 2023 f.: Alfredo Rodríguez |
Grazas ós cociñeiros e ás camareiras, de cea serviuse de primeiro prato unha exquisita sopa do cocido e de segundo un delicioso cocido coa súa cachola, touciño, costela, lacón, chourizos... tamén patacas, garavanzos e grelos de Loiba. Para finalizar, de postre unhas orellas cruxientes de Dolan e unhas orellas esponxosas de Cañí. Todo isto acompañado dun bo viño tinto, refrescos, café de pota e licores espirituosos varios.
![]() |
| 1º premio adultos f.: María Castro |
E tras moita deliberación por parte do xurado os premios foron os seguintes:
Adultos:
1º
premio para Andrea e Emilio como Milk e Son Goku
2º
premio para Rocío como Cruella de Vil
3º
premio para Dolores e Carlos como Os galácticos
1º
premio para Matías como Flash
2º
premio para Icía como Guerreria Z de Dragon Ball
3º
premio para Mauro como Dash Parr dos Increíbles
Ademáis todos os miúdos tiveron, como non podía ser doutra forma, un agasallo por participar.
![]() |
| 2º premio adultos f.: María Castro |
![]() |
| 3º premio adultos f.: María Castro |
Para amenizar a noite neste gran evento estivemos acompañados polo Dúo Caramelo, disfrazados de Luigi e Mario Bros. Foi a guinda de esta velada marabillosa que pasamos os veciños de San Claudio e arredores, disfrutando da comida, da música, do baile e da bebida na nosa pequena cantina.
![]() |
| Imos de misión f.: J.Carlos Breixo Rodríguez |
Vanessa Orjales

.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario